Exposición Pepiño
Sobre Exposición Pepiño
En Escairón e en todo o concello do Saviñao poucas persoas haberá que non coñezan a Pepiño.
Trátase dun dos veciños máis entrañables e queridos da localidade. Porén, a gran maioría da veciñanza descoñece por completo unha das súas grandes paixóns: a súa afección pola pintura.
Esta realidade cambiará radicalmente ó remate das festas municipais deste ano coa inauguración de «Pepiño», unha exposición pictórica homónima que promete sorprender e emocionar a quen queira coñecer o traballo artístico de Pepiño.
A mostra recolle unha selección de cadros de diversos estilos que reflicten a paixón do autor. Con esta iniciativa, o espazo cultural quere poñer en valor o traballo de Pepiño na súa afección pictórica, compartindo a súa arte cos veciños que o viron medrar e que tanto o estiman.
A exposición terá lugar na sala de exposicións da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao ubicada no baixo do edificio. Poderá visitarse do 5 ó 31 de agosto, en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
¿Te ha gustado? ¡Compártelo!
Comentarios (0)
Aún no hay comentarios. ¡Sé el primero en escribir!

Deja un comentario